quen somos?

APAIOGA é o nome que recibe a Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega. Somos unha organización sen ánimo de lucro que promove a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a través da sensibilización, formación, deseño e execución de proxectos e propostas.

os nosos obxectivos

Colaborar cos diferentes axentes sociais, organismos, asociacións ou entidades que requiran da posta en marcha de accións tranversais que faciliten a igualdade de oportunidades e preveñan a violencia de xénero

Defender o perfil de axentes de igualdade de oportunidades

Promover a figura de AIO nas aulas e no ámbito laboral

Executar proxectos e propostas co fin de promover a igualdade

equipo

APAIOGA non podería ser unha realidade se non fose gracias á labor das persoas que a conforman. Formadas en diferentes ámbitos e especializadas na igualdade, contamos cun equipo multidisciplinar que cumple diariamente coa estratexia establecida na organización para lograr un ben común.

que facemos?

Asesoramos ás persoas e institucións en materia de igualdade, deseñamos e implementamos actividades e estratexias co fin de acadar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Organizamos xornadas de información, elaboramos estudos e prestamos os nosos servizos tanto no ámbito público como privado, dispoñendo de solucións.

entidades colaboradoras

tamén falan
de nós

Consulta tódolos artigos nos que nos mencionan

coñecémonos?

Tamén podes asociarte, contacta connosco!

F.O. A Ran
Poligono Industrial A Ran s/n
36675 Cuntis (Pontevedra)
628358265
apaioga@apaioga.org

1 + 5 =