que facemos?
Pensamos e executamos actividades que defendan a igualdade. Formamos ás persoas e instituciós co obxectivo de favorecer unha solución ao problema das diferencias que poidamos atopar en cada ámbito, xa sexa público ou privado
servizos
Asesoramento en igualdade de oportunidades a institucións públicas e privadas.
Estudos sobre a situación de mulleres e homes en distintos ámbitos: empresarial, educativo, social.
Deseño e execución de actividades de sensibilización e formación en materia de igualdade.
Prestación de servizos a entidades: concellos, mancomunidades, deputacións, asociacións, Centros Educativos, CIMs…
Deseño, implementación e avaliación de plans de igualdade e de proxectos de intervención
Organización de xornadas informativas e formativas dirixidas a persoal técnico e político, así como as socias.
Puntos lilas de prevención e intervención de agresións sexuais.
Xincanas, concursos e escape-rooms con temática de igualdade e prevención de violencias machistas e lgtbifóbicas.
proxectos
Elaboración e participación en diferentes estudos
Deseño e redacción de guías, monográficos e materiais educativos
Exposición de poñencias en xornadas, foros e mesas de debate
Servizos de orientación e asistencia técnica en igualdade de oportunidades a Administracións públicas, empresas e asociación
Elaboración e avaliación de plans de igualdade (municipais, operativos e de empresa)
- I PIOM de Cuntis 2005– 2008, Premio Carmen Ferro-2006 da Deputación Provincial de Pontevedra; II PIOM de Cuntis 2009-2012; I PIOM de Moraña 2004 – 2008; Avaliación do I PIOM e elaboración do Estudio Diagnóstico de situación de Moraña; I PIOM de Catoira 2004- 2008; I PIOM de Pontecesures 2005 – 2008; III PIOM de Vigo 2005–2007, Premio Carmen Ferro-2006 da Deputación Provincial de Pontevedra; I Plan Operativo de Igualdade de Oportunidades Ulla-Umia 2006-2008; I PIOM de Pobra de Brollón; II PIOM de Vilagarcía de Arousa (2008-2012); II PIOM de Caldas de Reis; II PIOM de O Barco de Valdeorras; I PIOM de Quiroga; II PIOM de Tomiño; II PIOM de A Veiga, IV PIOM de Vilagarcía de Arousa (2022-2026).
Deseño, organización e docencia de actividades formativas en toda Galicia
- Módulo “Plano de Igualdade” para cursos de Teleformación, impartidos pola Universidade da Coruña.
- Talleres de Fomento do Emprego e Igualdade de Oportunidades.
- Talleres de Desenvolvemento de Habilidades de Comunicación.
- Seminarios Formativos de Políticas de Igualdade.
- Módulos de Igualdade de Oportunidades e/ou Formación para a Igualdade de cursos do Plan FIP , Plan AFD e de Educación de Persoas Adultas.
- Cursos de Sensibilización, Educación e Mediación Social en Igualdade de Oportunidades, dirixidos a axentes sociais.
- Curso “Sensibilización e Formación en Igualdade de Oportunidades e Perspectiva de Xénero” dirixido a persoal político e técnico municipal.
- Módulos de igualdade destinados a redeiras do PROXECTO ARLINGA, posto en marcha pola Secretaría Xeral de Igualdade.
- Xornada “Educamos en igualdade”, dirixida a poboación adulta.
- Módulo “Educación para a Igualdade de Oportunidades”, dirixido a profesorado de primaria e secundaria
- Obradoiro “Educando en Igualdade”, dirixido a membros das ANPA’s.
- Xornadas sobre Violencia de Xénero e Discriminación, dirixidas a alumnado de secundaria, membros de asociacións e alumnado dos cursos FIP.
- Obradoiro “Aprendamos en Igualdade”, para alumnado de infantil e primaria.
- Programa Formativo de Prevención da Violencia de Xénero, dirixido a alumnado de Primaria e Secundaria e membros de asociacións.
- Xornadas “Identificando a Discriminación e a Violencia de xénero”, dirixidas a alumnado de primaria, poboación adolescente e poboación xeral
- Programa Educación para a Igualdade dirixido a alumnado de secundaria.
- Xornadas “Aprendemos sen Violencia de xénero”, dirixidas a alumnado de educación secundaria.
- Charla “Mulleres na Historia”, dirixida a alumnado de Secundaria.
- Talleres “Triplo R: Roles, Relacións e Responsabilidades”, dirixido a alumnado de Secundaria e Bacharelato.
- Taller sobre Roles nas relacións afectivo-sexuais, dirixido a poboación moza.
- Cursos de formación básica en materia de igualdade de oportunidades, dirixidos a persoal laboral e funcionario das Administracións autonómica e locais.
- Charlas formativas “Análise histórica sobre os roles de xénero: a violencia de xénero”, dirixidas a membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e profesionais de Servizos Sociais.
- Cursos de formación básica en igualdade de oportunidades e violencia de xénero, dirixidos a persoal das Casas da Xuventude.
- Cursos de igualdade de oportunidades e corresponsabilidade, dirixidos a persoal de Organizacións Non Gubernamentais.
- Cursos de formación básica en igualdade de oportunidades e linguaxe non sexista, dirixidos a persoal laboral e político da Administración Local e profesorado.
- Cursos de formación básica en igualdade de oportunidades e abordaxe da violencia de xénero, dirixidos a persoal sanitario.
- Atención en puntos de información e prevención de agresións sexuais nos Concellos de Poio, Cuntis, Cangas, A Estrada, Catoira, Vilagarcía de Arousa e Vigo.
Programa Fiando Redes Deputación de Pontevedra para fomentar o asociacionismo feminino e o empoderamento das mulleres