En APAIOGA realizamos actividades orientadas a ANPAS ao abeiro das convocatorias de axudas da Xunta de Galicia

O pasado mes de novembro levamos a cabo no CEIP San Tomé de Cambados diferentes actividades en prol da igualdade e orientado a diferentes grupos de alumnado.

Realizáronse varias edicións do Escape-Room, da Xincana e do Concurso en Igualdade. Estas accións sempre procuran colocar ao alumnado no papel protagonista, poñendo énfase no xogo, na participación e na diversión.

Se che interesa realizar algunha actividade no teu Centro non dubides en poñerte en contacto con nós.