A pasada fin de semana, parte do equipo de APAIOGA estivo en Nigrán realizando o Escape Room en Igualdade «Pepa a Loba» no encontro anual de ocio e formación da Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo.

Esta actividade permite, dunha maneira lúdica, afondar arredor das diferentes formas de violencia de xénero, os recursos dispoñibles, a visibilización das mulleres etc.

Grazas de novo por contar con nós! Coma sempre, un pracer 😊

#igualdade#escaperoom#violenciadexénero#educacionenigualdade