En APAIOGA impartimos, a través do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación), dúas xornadas de formación para o profesorado do IES Félix Muriel sobre a transformación de espazos coeducativos.
Realizamos unha introdución teórica, un diagnóstico do espazo e deseñamos medidas para transformar o espazo educativo en coeducativo e favorecer as oportunidades e estruturas que permitan que a rapazada faga unha exploración e desfrute libre de condicionantes de xénero.
Se che interesan este tipo de actividades, consúltanos en: apaioga@apaioga.org