O equipo de APAIOGA vimos de inaugurar un completo proxecto educativo no Concello de Redondela.

Nos próximos meses levaranse a cabo os seguintes obradoiros nos centros de educación secundaria e formación profesional do Concello de Rendodela: Fomento da igualdade, Prevención dos trastornos da conduta alimentaria desde unha perspectiva de xénero e Formacións en igualdade de oportunidade para futuros e futuras profesionais da Formación Profesional.

A educación en Igualdade nos centros educativos é fundamental para a consecucion da Igualdade real entre nenos e nenas, mulleres e homes. O traballo levado a cabo por Axentes de Igualdade externas é unha ferramenta moi interesante de cara ó afianzamento do traballo levado a cabo durante curso lectivo polo profesorado, así como para xerar Novos espazos de reflexión individual e grupal.

Seguimos!

#apaioga#igualdade#educación#redondela