En APAIOGA tamén levamos a cabo iniciativas educativas en formato podcast onde a rapazada é a protagonista das accións de sensibilización e fomento da Igualdade.
As HISTORIAS NON CONTADAS son episodios curtos onde visibilizar as achegas das mulleres en diferentes ámbitos. Esta actividade foi promovida polo CIM do Concello da Estrada e posible grazas á implicación de Radioestrada e do alumnado e profesorado dos centros educativos deste Concello.
As HISTORIAS NON CONTADAS da Ollada da Sospeita descúbrennos a mulleres como Jutta Kleinschmidt, Susie Wolf, Laia Sanz, María Herrera, María de Villota, Vanesa Casal, Marga Fraga, Mary Isaura, Begoña Vila, Carmen Conde Présaras, Isabel Zendal, Ángela Ruíz Robles, Cristina Andrade, Andrea Porto, Xiana Lastra e Anabell Gago.