co lema AQUI NON SOMOS CÓMPLICES
El Concello de A Estrada convoca a hostaleiras e hostaleiros da zona para expoñerlles o protocolo de actuación ante agresións sexuais en espazos de ocio. Trátase dunha guía de actuación qeu establece un marco de recoñecemento e de acción común orientadas á primeira atención a vítimas de agresións sexuais rexistradas en bares, restaurantes e pubs.
Recibiron unha formación básica sobre o protocolo e asinaron un compromiso de colaboración e participación na campaña. Os locais colocarán carteis identificativos da campaña e con información sobre «que facer?» en caso de sufrir ou presenciar un caso de agresión sexual.
Se queres saber máis sobre este procolo ou che interesa levar a cabo un no teu Concello, ponte en contacto con nós en apaioga@apaioga.org.