O equipo de APAIOGA realizou o deseño dun folleto informativo no que visibilizar a violencia de xénero nas mulleres maiores, poñendo énfase nas sinais de alarma e os recursos existentes.
A presentación e entrega deste folleto informativo, estivo complementada con 12 accións formativas presenciais en Troáns, Cequeril, Sebil, Couselo, Arcos, Mamede, Magán, Teaño, na OMIX e no Pavillón Municipal co obxectivo de chegar ao maior número de persoas.
Agradecemos ao Concello a confianza en APAIOGA na realización deste programa no que visibilizar e incidir nesta problemática tan invisiblizada.