O 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero, estivemos no Concello de Tui realizando diversas actividades.
Pola mañá, fixemos un contacontos con actividades para a rapazada de Tui. Pola tarde, dinamizamos un Punto Violeta de atención e información da violencia de xénero no que ademais, as persoas que se achegaban podían deseñar a súa propia chapa.
O vindeiro xoves día 30 APAIOGA tamén participará na mesa redonda “Sexualidade, pornografía e violencia de xénero na adolescencia».
Grazas ao Concello de Tui por confiar no equipo de APAIOGA.
O 25 e todos os días traballamos na prevención e intervención da violencia de xénero.