En APAIOGA tamén realizamos actividades orientadas a familias sobre Ciberviolencias.

Son obradoiros nos que dar a coñecer as principais formas de violencia exercidas a través das TIC, as sinais de alarma, como actuar se a nosa filla ou fillo sofre algunha delas etc.

Tamén, un espazo para reflexionar sobre a sobreexposicón de menores por parte das familias e a importancia de dar un bo exemplo no uso das novas tecnoloxías.

Se che interesan este tipo de actividades, consúltanos en: apaioga@apaioga.org