APAIOGA prestou os seus servizos no Punto Violeta do Concello de Redondela nas súas celebracións do entroido, co obxectivo de informar, sensibilizar e previr sobre as diferentes manifestacións da violencia contra a muller e atender e acompañar ás mulleres que acudan ao Punto buscando apoio ante unha situación de violencia.

POR UN ENTROIDO SEGURO E LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS!

#apaioga#puntovioleta#violenciasmachistas#redondela#entroido